Ensino

O inventor e o invento


Ramón Verea naceu en Curantes (A Estrada), o 11 de decembro de 1833. Logo de estudar en Santiago de Compostela emigrou a Cuba, onde traballou como mestre, escribiu dúas novelas e dirixiu o periódico El Progreso. En 1865 trasladouse a Nova York, onde inventou a súa máquina de calcular. O goberno americano concedeulle a patente o 10 de setembro de 1878, o mesmo ano no que gañou unha medalla da Exposición Mundial de Inventos de Cuba.


A súa calculadora era unha máquina duns 23 quilos de peso, 35 centímetros de longo, 30 centímetros de ancho e 20 de alto, capaz de sumar, multiplicar e dividir números de nove cifras, admitindo ata seis números no multiplicador e quince no produto. O aparello tiña unha velocidade sorprendente para a época.

A súa máquina consérvase nos depósitos da sede central de IBM, en White Plains (Nova York) formando parte da colección iniciada en 1930 por Thomas J. Watson Sr., presidente fundador de IBM.

Cómic



Actividades

1. Actividades de autoavaliación sobre o cómic

 

O INVENTOR E O INVENTO
Expresividade dos bocadillos

 

2. Actividades de pescuda e ampliación de contidos


1. Ó longo da historia da educación foron desenvolvéndose moitos aparellos que axudaron a que as clases foran máis asequibles e didácticas para o alumnado. Averigua o que poidas sobre os seguintes inventos:
  • Pizarra e pizarrín
  • Tinteiro
  • Estoxo
  • Clasificadora
  • Bolígrafo
  • Pizarra branca
2. Hoxe estamos vivindo unha revolución tecnolóxica que permite albiscar novos tempos no ensino. Consultando páxinas como Wikieduca, enumera seis innovacións que están comezando xa a implementarse nas aulas e explica en que cres que van mellorar o ensino.

3.  Deseña algo que penses que axudaría a que as clases fosen máis interesantes para todo ou parte do alumnado (podes escoller un colectivo específico, como poboación con disminución física ou psíquica, inmigrantes, alumnado con altas capacidades, etc)


Proposta audiovisual de equipo

1. Guión técnico

Un guión técnico traduce a información dun guión literario a unha secuencia de planos e movementos de cámara que representen cada secuencia. A miúdo, entre o guión literario e o guión técnico realízase un storyboard.

A continuación vas ver un exemplo de adaptación dun storyboard a un guión técnico:



Cando fas un guión técnico debes ter en conta que os planos poden ser de diferente tamaño e que cada un aporta unha información visual relativamente diferente.

Igual que cos tamaños de plano acontece cos movementos de cámara: seguir a unha persoa non é o mesmo que facer que a cámara simplemente xire sobre o seu eixo.


Sobre tamaños de plano e movementos de cámara en Aprendo con Olloboi tés toda a información sobre o tema.


Propoñémosche que, a partir do cómic, crees o teu propio guión técnico de acordo coa seguinte plantilla (aínda por construír).


2. Gravación, montaxe e distribución da peza

Se queres oír uns bos consellos sobre gravación e montaxe recomendámosvos que vexades as Olloclases que os realizadores Alfonso Zarauza e Jaione Camborda (capítulo A vida dunha película) e Jorge Coira e Sandra Sánchez (capítulo Montaxe) gravaron para Aprendo con Olloboi.

En canto a vosa película estea montada é imprescindible distribuíla para que outra xente a disfrute e a critique, e así poidades mellorar o proceso na vosa seguinte producións.

Algúns lugares onde podedes enviar as vosas producións son:


 

Marco teórico para o profesorado


  • Contidos: a determinar
  • Obxectivos: a determinar
  • Estándares de aprendizaxe: a determinar
  • Competencias: a determinar
  • Avaliación: mediante rúbricas como a do exemplo

Exemplo de rúbrica autocorrixible sobre a parte do proceso audiovisual de Montaxe:


Bibliografía

Comentarios

Publicacións populares